Perto e Preto
Vamos comezar o noso labor corrector con un dos blogues mais relevantes e recomendábeis do Blogomillo, o Facendo Amigos de Santiago Jaureguizar.
O autor de Casa Skylab anuncia a súa viaxe de ferias a Portugal e aproveita para practicar un pouco a normativa reintegracionista, mais incorre nun erro: utiliza a variante dialectal preto do adverbio perto.
Este erro, que provoca a confusón entre o que está escuro ou negro (preto) e o que está próximo (perto), evidencia a inconveniencia de certas escollas diferencialistas normativizadas pola RAG que separan gratuitamente o galego non somente das súas variantes internacionais, mais mesmo ás veces da tradizón escrita nacional mais relevante.
Xa dicía Celso Emilio Ferreiro, que falaba galego:
"...porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra língoa..."
Segundo o Google, entre as páxinas galegas en normativa RAG é case tres veces máis usada a forma galego-portuguesa perto de que a variante isolacionista preto de.