tag:blogger.com,1999:blog-14023769.post-1126115421879851522005-09-07T10:19:00.000-07:002005-09-07T11:00:01.823-07:00É-vos a iconaImeneo utiliza hoxe no seu blogue o termo proposto polo ILG-RAG "icona" en vez da forma galego-portuguesa "ícone".

Estamos perante unha forma realmente estraña, e surprendente, similar á opzón que até hai pouco esas instituizóns mantiñan polo "cu" como nome da letra "que" (Q), fortemente contestada. Non menos contestada é esta forma "icona".

O poeta ourensano Claudio Pato, nada suspeito de reintegracionismo, intitulou un dos seus libros O almorzo do pintor de iconos Andrei Rublev e negouse á "correczón" que a editorial queria facer do título mudando "iconos" para "iconas", preferindo o uso da forma castellana.

Por que cair no diferencialismo gratuito con respeito ás outras variantes do galego-portugués nunha palabra de tan ínfimo uso coloquial?

A forma galega é ícone, como cánone, cone, clone ou ciclone.

Galego Correctohttp://www.blogger.com/profile/01224255646849926628noreply@blogger.com