tag:blogger.com,1999:blog-140237692007-04-14T10:32:29.154-07:00Galego CorrectoGalego Correctohttp://www.blogger.com/profile/01224255646849926628noreply@blogger.comBlogger5125tag:blogger.com,1999:blog-14023769.post-1137112978082214902006-01-12T16:42:00.000-08:002006-01-13T16:47:00.376-08:00O vulgarismo español como fonte de 'riqueza' lexical galegaComezamos o ano retomando o labor de correczón lingüística.

Nesta ocasión queremos analisar un fenómeno que xulgamos especialmente degradante para a nosa lingua: o recurso a vulgarismos en español (ás veces adaptados) como sinónimos de palabras galegas.

O caso detectado e que motiva este texto é un dos últimos escritos de Brétemas, que consideramos un dos blogues mellor escritos en galego (e talvez o mellor seguindo a normativa da RAG). Brétemas usa a palabra "mancontro" como sinónimo de telemóbel ou móbil, forma esta última pola que opta tamén o seu autor.

"Mancontro" é un vulgarismo castellano que ten outra variante: "mancuentro", ambas cada vez menos usadas nesa língua (en contextos coloquiais e con ánimo xocoso e vulgarizante, como pode confrontarse en calquer buscador). A palabra é imposíbel en galego, pois segue a estrutura gramatical do español: "me encuentro" (a forma correcta en español da que deriva o vulgarismo) seria "encóntrome" en galego, e nunca "me encontro".

Telemóbel (coloquialmente tamén móbel) é a forma que consideramos mais adecuada para designar o aparello na ortografia da RAG (confluindo así coas formas internacionais do galego-portugués e coa norma da AGAL). É tamén a forma utilizada en recentes campañas de normalizazón lingüística desenvolvidas no ámbito da telefonía móbel.

No espallamento de formas deturpadas e espurias como mancontro achamos que influi, alén da subordinazón do galego ao español, unha certa vontade diferenciadora do español (e talvez tamén do portugués) que neste caso opta por utilizar vulgarismos que esa lingua cria e logo pasa a rexeitar, ou que son de uso minoritario nela e por iso poden non ser identificadas como castellanismos. Tamén influen noutros casos similares a este tanto o rigor normativista (de calquer normativa) que refuga variantes ou sinónimos galegos en favor de unha única forma padronizada (como acontece no ámbito de uso da norma RAG coa palabra rematar), ben como o descoñecimento das formas internacionais do galego, que neste caso nos oferecen outro sinónimo: celular.

Finalmente, alguns meios poden dar o último empurrón para ecoar e popularizar o erro. Neste caso, sinalamos certa responsabilidade de Vieiros e A Nosa Terra.

Galego Correctohttp://www.blogger.com/profile/01224255646849926628noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14023769.post-1129066811017361192005-10-11T14:40:00.000-07:002005-10-13T10:20:11.343-07:00Longo e largoEncontramos unha mostra da positiva dinámica da correczón lingüística no blogue O Varal: primeiro un leitor do blogue adverte e explica un erro e despois o blogue emenda. O motivo: a estendida confusón provocada polo falso amigo largo, que ten en galego un significado oposto ao que ten en español.

O estatus subordinado do galego con respeito ao español explica que neste falso amigo, como noutros, sexa o galego o que sofra o constranximento e o "largo" galego estexa caindo en desuso e introducíndose o castellanismo "ancho" na nosa lingua, nun paso mais para virar simples dialecto do español. Este caso é tamén unha boa proba de como o bilingüismo harmónico é sinónimo de substituizón lingüística e que a normalizazón lingüística só virá coa promozón do monolingüismo social...Galego Correctohttp://www.blogger.com/profile/01224255646849926628noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14023769.post-1126115421879851522005-09-07T10:19:00.000-07:002005-09-07T11:00:01.823-07:00É-vos a iconaImeneo utiliza hoxe no seu blogue o termo proposto polo ILG-RAG "icona" en vez da forma galego-portuguesa "ícone".

Estamos perante unha forma realmente estraña, e surprendente, similar á opzón que até hai pouco esas instituizóns mantiñan polo "cu" como nome da letra "que" (Q), fortemente contestada. Non menos contestada é esta forma "icona".

O poeta ourensano Claudio Pato, nada suspeito de reintegracionismo, intitulou un dos seus libros O almorzo do pintor de iconos Andrei Rublev e negouse á "correczón" que a editorial queria facer do título mudando "iconos" para "iconas", preferindo o uso da forma castellana.

Por que cair no diferencialismo gratuito con respeito ás outras variantes do galego-portugués nunha palabra de tan ínfimo uso coloquial?

A forma galega é ícone, como cánone, cone, clone ou ciclone.

Galego Correctohttp://www.blogger.com/profile/01224255646849926628noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14023769.post-1121692668235193542005-07-18T05:48:00.000-07:002005-07-19T13:31:06.050-07:00Perto e PretoVamos comezar o noso labor corrector con un dos blogues mais relevantes e recomendábeis do Blogomillo, o Facendo Amigos de Santiago Jaureguizar.

O autor de Casa Skylab anuncia a súa viaxe de ferias a Portugal e aproveita para practicar un pouco a normativa reintegracionista, mais incorre nun erro: utiliza a variante dialectal preto do adverbio perto.

Este erro, que provoca a confusón entre o que está escuro ou negro (preto) e o que está próximo (perto), evidencia a inconveniencia de certas escollas diferencialistas normativizadas pola RAG que separan gratuitamente o galego non somente das súas variantes internacionais, mais mesmo ás veces da tradizón escrita nacional mais relevante.

Xa dicía Celso Emilio Ferreiro, que falaba galego:

"...porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra língoa..."

Segundo o Google, entre as páxinas galegas en normativa RAG é case tres veces máis usada a forma galego-portuguesa perto de que a variante isolacionista preto de.

Perto Demais, traduzón galega do último filme de Mike Nichols
Galego Correctohttp://www.blogger.com/profile/01224255646849926628noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-14023769.post-1119971135694071792005-06-28T07:41:00.000-07:002005-07-18T16:43:03.186-07:00Galego CorrectoOs galegos e galegas debemos corrixir os erros lingüísticos proprios e alleos, como fan todos os falantes de calquer lingua.

Levamos décadas de crecente dialectizazón do galego con respeito ao español, en que colaboran muitos dos que din estar a favor da normalizazón da língua. Parece que calquer castellanismo vale no galego e xa muita xente, cando quer falar galego, o que fai é falar, non un galego castellanizado, como até hai pouco, senon un castellano galeguizado.

Desde Galego Correcto vamos contribuir á normalizazón lingüística pondo em prática, nomeadamente através do Blogomillo un aspecto das relazóns lingüísticas que coñecen todos os falantes de calquer língua, menos os do Galego: a correczón, emenda ou rectificazón.

Estamos cientes de que a maioria das pesoas que escreben en galego fanno nas normas da RAG porque son mais próximas ao español, que infelizmente funciona como norma de correczón da maioria dos galegos á hora de escrever e falar, quer en galego ou en castellano.

Consideramos galego e portugués duas variantes do mesmo idioma, como catalán e valenciano, romeno e moldavo, flamengo e neerlandés.

Contodo, utilizamos as normas ortográficas da Real Academia Galega (RAG) para mostrar como mesmo optando por elas é posíbel facer un uso do galego muito menos castellanizado e ben mais correcto e digno do que é corrente entre nós. Porén, entendemos que o léxico e alguns outros aspectos da morfoloxia ou da sintaxe están fora da xurisdizón das academias ou entes normativos, rexeitamos os castellanismos deturpadores que contribúen á substituizón lingüística e dialectizazón da nosa língua, e usamos as formas galegas, mesmo que estexan proscritas pola RAG (caso da terminazón galega "zón" face á española "ción").

Son ben-vindas as correczóns.Galego Correctohttp://www.blogger.com/profile/01224255646849926628noreply@blogger.com