terça-feira, outubro 11, 2005

Longo e largo

Encontramos unha mostra da positiva dinámica da correczón lingüística no blogue O Varal: primeiro un leitor do blogue adverte e explica un erro e despois o blogue emenda. O motivo: a estendida confusón provocada polo falso amigo largo, que ten en galego un significado oposto ao que ten en español.

O estatus subordinado do galego con respeito ao español explica que neste falso amigo, como noutros, sexa o galego o que sofra o constranximento e o "largo" galego estexa caindo en desuso e introducíndose o castellanismo "ancho" na nosa lingua, nun paso mais para virar simples dialecto do español. Este caso é tamén unha boa proba de como o bilingüismo harmónico é sinónimo de substituizón lingüística e que a normalizazón lingüística só virá coa promozón do monolingüismo social...