quarta-feira, setembro 07, 2005

É-vos a icona

Imeneo utiliza hoxe no seu blogue o termo proposto polo ILG-RAG "icona" en vez da forma galego-portuguesa "ícone".

Estamos perante unha forma realmente estraña, e surprendente, similar á opzón que até hai pouco esas instituizóns mantiñan polo "cu" como nome da letra "que" (Q), fortemente contestada. Non menos contestada é esta forma "icona".

O poeta ourensano Claudio Pato, nada suspeito de reintegracionismo, intitulou un dos seus libros O almorzo do pintor de iconos Andrei Rublev e negouse á "correczón" que a editorial queria facer do título mudando "iconos" para "iconas", preferindo o uso da forma castellana.

Por que cair no diferencialismo gratuito con respeito ás outras variantes do galego-portugués nunha palabra de tan ínfimo uso coloquial?

A forma galega é ícone, como cánone, cone, clone ou ciclone.