terça-feira, junho 28, 2005

Galego Correcto

Os galegos e galegas debemos corrixir os erros lingüísticos proprios e alleos, como fan todos os falantes de calquer lingua.

Levamos décadas de crecente dialectizazón do galego con respeito ao español, en que colaboran muitos dos que din estar a favor da normalizazón da língua. Parece que calquer castellanismo vale no galego e xa muita xente, cando quer falar galego, o que fai é falar, non un galego castellanizado, como até hai pouco, senon un castellano galeguizado.

Desde Galego Correcto vamos contribuir á normalizazón lingüística pondo em prática, nomeadamente através do Blogomillo un aspecto das relazóns lingüísticas que coñecen todos os falantes de calquer língua, menos os do Galego: a correczón, emenda ou rectificazón.

Estamos cientes de que a maioria das pesoas que escreben en galego fanno nas normas da RAG porque son mais próximas ao español, que infelizmente funciona como norma de correczón da maioria dos galegos á hora de escrever e falar, quer en galego ou en castellano.

Consideramos galego e portugués duas variantes do mesmo idioma, como catalán e valenciano, romeno e moldavo, flamengo e neerlandés.

Contodo, utilizamos as normas ortográficas da Real Academia Galega (RAG) para mostrar como mesmo optando por elas é posíbel facer un uso do galego muito menos castellanizado e ben mais correcto e digno do que é corrente entre nós. Porén, entendemos que o léxico e alguns outros aspectos da morfoloxia ou da sintaxe están fora da xurisdizón das academias ou entes normativos, rexeitamos os castellanismos deturpadores que contribúen á substituizón lingüística e dialectizazón da nosa língua, e usamos as formas galegas, mesmo que estexan proscritas pola RAG (caso da terminazón galega "zón" face á española "ción").

Son ben-vindas as correczóns.